Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

OS DIEGUEZ DE MANDIN E RABAL

23.01.13, vero fillodateresa netodorevidas

O prometido e devida,  e aquí vos presento a descendencia dun dos moitos apelidos que acabou proliferando nas parroquias de Rabal e Mandin, i en todo o val de monterrei, cumprindo o mandato divino de “crecede e multiplicádevos”.

No seu momento tal vez adornemos aos integrantes con algunha anécdota. En todo caso gustaríame que calquera que pense que ten que ver con esta arbore se incorpore ao grupo que temos en facebook:   

DIEGUEZ DO VAL DE MONTERREI

https://www.facebook.com/groups/430992873608315/

 

OS NOSOS AVÓS DO VAL DO TÁMEGA: AS PARROQUIA RAIOTAS (Apuntes derivados da minha búsquea das raíces raiotas pertencentes aos arcebispados de Braga e Ourense)

10.01.13, vero fillodateresa netodorevidas

Un gran invento o da Parroquia: “ Dalhe un arado e unhas leiras a un labrego e terás asegurada a túa supremacía durante séculos e séculos, amén ” (anónimo)

 

Poucos foron capaces de escapar da noria que supunha a Parroquia. Unha microsociedade onde os labregos trabalhaban por subsistir, baixo a atenta mirada do seu capataz e líder espiritual (cura ou abade), e baixo a supervisión dos propietarios da fabrica (El Rey, Nobres, Abades e Fidalgos).

 

Dende que os suevos se converteron ao cristianismo e impuxeron esta forma de produción ate os anos sesenta do século pasado poucos acontecementos interrumpiron a vida cotidiá nas parroquias. Tal vez con cada chegada dun novo capataz se producía un pequeno desaxuste mentres a nova familia non se acomodaba no estatus que lhe correspondía por seres sangue directa do líder espiritual. Logo, unha vez acomodados, a vida ratinaría do labrego continuaba sen ningunha alteración, ate que un novo cura chegaba e se repetía a situación.

 

Non debía ser doado manter a istes rexios trabalhadores pegados as súas leiras sen mostrar a mais mínimo xesto de desaprobación. I e que non era doado arriscar a posibilidade de comer a diario co obxectivo de salvar a alma, fronte a incertidume de enfrontarse a un poder feudal que tinha as bendicións de deus, ou iso lhes facían pensar. So a fame facía actuar irracionalmente e perderlhe o medo a quen dispunha da súa vida.

 

 

O labrego trabalhaba para subsistir co que lhe quedaba despois de entregar mais da metade da produción aos seus donos (el rey, nobre, abade) en innumerables contribucións. Así se criou o carácter duro e desconfiado do labrego, vendo como colheita tras colheita tinha que entregar a mais grande parte da produción a quen se adicaba a viver de rendas sen preocuparse de reinvestir nos que por subsistencia contribuían en manter o negocio, e para que logo incluso tiveran que dar os seus filhos para combater ao infiel. So se salvaban os que acreditaban ser Fidalgos que estaban exentos de pagar contribucións, eran tratados de Don, e a cambio debían acudir en defensa dos Señores, ate tendo que ir a pé si eran considerados pobres de solemnidade.


Pois ben, despois de tantos séculos este negocio foi a quebra. Neste caso non foi a fame. A gran demanda de mao de obra nos países vencedores e vencidos, despois da segunda guerra mundial fixo que moita xente das parroquias do noso entorno xeográfico entre os que destaco aos Arcebispados de Ourense e Braga, de sempre unidos no destino separados na organización política, fosen a buscar fortuna como noutras ocasións xa foran ao continente americano.

 

 

A diferenza das anteriores ocasións esta vez a marcha produciu a quebra do sistema económico mantido dende a época dos romanos. Nesta ocasión o labrego emigrante que marchou como se marchaba a sega a castela, pensaba que aquilo pouco duraría e tería que voltar a súa pequena aldea. Por iso os primeiros aforros foran investidos en comprar unhos poucos eidos que venderían os mais afortunados ou os necesitados. Pero segundo pasaban os anos o retorno víase cada vez mais lonxe porque non tinha sentido meterse novamente na lama cando alí trabalhabase limpo e ao abrigo, comíase, vestíase, enviábanse cartos aos familiares, incluso estudábase aos filhos e netos, e aínda daba para aforrar cartos.

 

O non retorno dos labregos supuxo a quebra definitiva das parroquias como centros de produción. As leiras pouco a pouco foron abandoadas; medrou o monte; para os que se quedaron sobraron leiras, xa non daban abasto, e o mesmo tempo supuxo o gran salto económico e social empurrado polas moreas de cartos que do estranxeiro chegaban. Daquelas os Bancos, Caixas, ... medraban sen parar, trabalhar nun banco era un emprego de prestixio. E curioso que este desenvolvemento económico-social fose atribuído a unhos plans que o único que fixeron foi aprobar a forma de reparto, perdendo a oportunidade de pórse ao dia na revolución industrial perdida.

 

Outra consecuencia foi que os chamados a ser os herdeiros daqueles eidos trabalhados inmemorialmente polos nosos tataravós, tivemos a ocasión de chegar a outras profesións reservadas en tempos para xente de posibles. Isto provocou que unha vez rematada a inxesta de tantos cartos (emigración, unión europea, endeudamento financeiro) adicados ao consumo e a sobreoferta inmobiliaria, non quedara unha estrutura económica que nos posibilitara obter o rendemento das xeneracións perdidas.

 

Os da minha xeración estamos a viver estes feitos en primeira persoa. Por unha parte a segunda guerra mundial supuxo que afortunadamente non seguiramos o destinho dos nosos avós, por outra parte non fomos capaces de utilizar a morea de cartos que chegaron nestas décadas para preparar un sistema económico que sustituira o quebrado negocio parroquial.

 


Ver mapa más grande

 

Todo isto ven a que cando empecei a investigar as relacións familiares e vecinhais que quedaron quebradas cando con cinco anos marchei da parroquia, dinme conta que en catro ou cinco xeracións atrás acabamos todos emparentados.

 

Durante estes anos de investigación advertín que a mobilidade da parroquia era escasa. Que os matrimonios dábanse fundamentalmente entre vecinhos da propia aldea ou das aldeas do entorno, tanto do arcebispado de Ourense, como do arcebispado de Braga. Así os de Mandin e Rabal casaban cos de Lamadarcos, Vilafrade, Mairos, Vilamea, Curral de Vacas, Vilela, Vilarinho, Vilarelho da Raia, Cambedo, San Cibrao, Vilariño de Cota, Vilardecervos, Enxames, Terroso, Osoño, Veiga de Meas, Abedes, Cabreiroa, Queizas, Tamaguelos, Rabal, Sabucedo, Rairiz de Veiga, Pazos, Laza, Chaves, Vilardevós … Penso que a pesares de pertencer a dous estados incomunicados durante estas últimas décadas, se hoxe fixeramos un estudio de ADN aos descendentes dos Tamagani, tanto aos dalá da raia como aos dacá da raia, o resultado sería idéntico. Temos o mesmo orixe, temos as mesmas invasións, temos as mesmas costumes, e temos o mesmo sufrimento unidos de por sempre a nosa parroquia.

 

Poldras de lamadarcos-mandin, posbles restos da ponte romana das minas (variante via XVII)

 

Tan é así que non so era habitual que nos axudaramos nas labouras de seitura, maia, vendima, matanza, carnaval e festas, senón que ademais faciamos de padrinhos de bautizos e casamentos. En moitas ocasións o cura de Curral de Vacas, ou de Lamadarcos, ou de Vilela, ou de Vilamea, …, vinhan a oficiar o sacramento a parroquia deste lado da raia, e o mesmo tempo os curas de aquí ía as fegresías dalí, e moitos eran ofrecidos a Santos do outro lado … Por non falar da intensa colaboración nos temas de contrabando como así pode atestiguar o neto (do que esperamos que nos faga unha escolma do seu trabalho "O contrabando e o estraperlo na comarca de Monterrei durante a Guerra e a Posguerra Civil"  e o sobrinho (eu propio) de Sergio Arias e Vitoria Dieguez, descendentes de Sergio Martines de Curral de Vacas e de Joao aires de Lamdarcos.

 

Incluso a unión e a colaboración chegaba ao extremo de xogarse a vida pola defensa dos irmaos do outro lado, como ocorreu na fegresia de Cambedo, bombardeada por refuxiar a persoas calificadas polas autoridades de malechores e bandidos.

 

A renovación vinha dada fundamentalmente pelos curas. Co cura vinha tamén ademais dos seus pais, as súas irmáns e sobrinhas solteiras que acabarían casando e formando familia cun dos mais posicionados mozotes da aldea. O cura era o centro da parroquia, era o que administraba a practica totalidade da produción agraria. O poder económico da parroquia residía na reitoral, que administraba a Fabrica e beneficiábase dos froitos dos numerosos e fértiles diestros. Ao carón do cura formábase unha corrente de interés onde os mais afortunados ían colocando de criados tanto aos filhos como as filhas. Aqueles trabalhaban a facenda do cura e mais os diestros, ístas servían na casa e as veces contribuían a inmortalizar a xenética do patrón, o numero ia en función das necesidades. Hai que ter en conta que por aquela altura era practica xeneralizada incluso de bispo para riba, ate que o Vaticano decidiu cortar de raíz tales practicas, non resultando doado conseguilo. Así os curas-parrocos soian inscribir aos nasciturus como de pai incognito, ou ben ampliaban a familia do sancristán que de por si xa era grande dabondo. O certo e que en poucas xeracións media aldea tinha que ver coa sangue de outros lares traída polo cura.

 

marco entre Vilarelho da Raia e Rabal (Foto de Diego Antonio Gonzalez Arias)

 

Pan para hoxe, fame para manhá: “os nosos vecinhos de hoxe, os nosos netos de manha” ; os que vivían ao carón do cura non escapaban ao seu destino de labregos, de tal forma que despois de catro xeracións o patrimonio había que dividilo entre 326 descendentes, a toda luces ruinoso. E así cada pouco xurdía un novo apelido que se incorporaba ou sustituia aos xa existentes.

 

Outras veces o que traia a renovación do apelido era un segundón acreditando o titulo de Fidalgo, moitas veces adquirido en pleitos que duraban dúas xeración, as veces acreditando grandes fazanhas e outras falsificando probas e testemunhas que os remontaban as guerras de Granada. O interés era evidente, non serían incluídos nas listas dos Pecheros (pagador de contributos) e levarían o tratamento de Don aínda que despois de catro xeracións e como xa indiquei antes, o reparto acabaría sendo ruinoso. Así pasou en Mandin cos apelidos de CASTRO, ALONSO, GALLEGO, FOUBELO, DIEGUEZ, … procedentes das casas solariegas.

 

Foto obtida de Fini Canton a través de meu primo Javi

 

Aos apelidos que constan en Mandin ao redor do 1650: CASTRO, RODRIGUEZ, MARTINEZ, SALGUEIRO, LEDO, LORENZO, GONZALEZ, DIZ, POUSADA, GRANXA, FREIRA, RIGUEIRO, FERNANDEZ, PEREZ, NUÑEZ, TORRES, YAÑEZ, SUAREZ, engadíronse os de PLAZA (queizas), SANTAMARIÑA, CARNERO (abedes), GARCIA (lamadarcos, vilardecervos) ALONSO (pazos), GALLEGO (osoño e vega de meas), GOMEZ (sabucedo) CHAVES (chaves), FOUBELO de tamagos, TABOADA de tamaguelos, ESTEVEZ de vilarinho, ARIAS de lamadarcos, LIMIA de rairiz de veiga e cabreiroa, OBREGON de laza,  DIEGUEZ tal vez allariz, asi como DOMINGUEZ, VAZQUEZ, SOUTELO, MAIO, DACOSTA, DEDIOS, FARIÑAS, NOVOA, ADEGAS, … que fundamentalmente procedian das aldeas raiotas tanto dependentes de Braga como de Ourense: Lamadarcos, Vilafrade, Mairos, Vilamea, curral de vacas, Vilarinho, Vilarelho da raia, Cambedo, vilariño de cota, vilardecervos, Enxames, Terroso, Osoño, Veiga de Meas, Abedes, Cabreiroa, Queizas, Tamaguelos, Rabal, Sabucedo, Rairiz de veiga, Pazos, Laza, Chaves, Vilardevós …

 

Foto de Diego Antonio Gonzalez Arias

 

Sendo carecteristicos de Rabal entre outros os ASTORGA, ALONSO, DIEGUEZ, DIZ, FEIJOO, FERNANDEZ, FIDALGO, FONSECA, GALLEGO, GARCIA, GOMEZ, LEDO, LOPEZ, LOSADA, NUÑEZ, OBREGON, PARDO, PEREZ, PREZADO, RIVERO, RODRIGUEZ, SALGADO, SALGUEIRO …

 

Aproveito para recomendar os seguintes blogs:

http://historiamonterrei.blogspot.com.es/search/label/Seculos%20Escuros  de Andrés Diz de Rabal

http://verin-natural.blogspot.com.es/p/publicacions.html  de Xosé Ramón Reigada

http://rexiomontanos.blogspot.com.es/2012/12/entre-as-pedras-de-mandin.html

http://historiasdaraia.blogspot.com.es/2009/01/lamadarcos-e-os-povos-promscuos.html

http://chaves.blogs.sapo.pt/833444.html  de Fernando Ribeiro

DISTRIBUCION DOS DIEGUEZ POR ESPANHA (dados de nacemento, INE 2011)

03.01.13, vero fillodateresa netodorevidas

 

 

Podería entenderse que o patronímico diéguez (filho de Diego) ten o seu orixe en Galiza, e dentro de Galiza en Ourense, espalhandose polo resto de Espanha por diversos motivos como a inmigración e incorporación aos exercitos da coroa castelán, mais en concreto para incorporarse aos exércitos dos Católicos no asedio a Granada no século 15 (dado que non comprobei e pode ser incorrecto)


Con respecto ao Val de Monterrei unha hipotese sería a incorporación dos segundós de Alhariz as súas posesións como eran as de Mandin, Rabal, Veiga de Meas, Osonho, Vilardevos …


 

1º apelido

2º apelido

dous

total

%

Total ESPANHA

8.550

8.668

175

17.393

1,00

GALICIA

 

 

 

8.140

0,47

Ourense

1.845

2.027

84

3.956

0,23

Pontevedra

1.148

1.151

31

2.330

0,13

Lugo

551

576

10

1137

 

Coruña, A

355

362

 

717

 

GRANDES URBES

 

 

 

3.013

0,17

ANDALUCIA

 

 

 

1.926

0,11

LIMITROFES

 

 

 

1.767

0,10

Resto espanha

 

 

 

1.679

0,10

http://www.ine.es/apellidos/formGeneralresult.do?vista=3

 

Con respecto a distribución dos que levan aínda o apelido Diéguez polo territorio galego, eu destaco tres grupos que en realidade pódense considerar un so:

- as comarcas ao redor do macizo central (Terras das comarcas de Verín, Valdeorras,Trives, Bolo, …); e como non facendo mención especial a Oímbra, en concreto Rabal que concentra un alto porcentaxe en termos relativos.

- outro continuación para as terras do Deza e redores (Lalín, Rodeiro, Chantada e Monforte),

- e finalmente os grandes núcleos destino das inmigracións como son Ourense e Vigo.

 

Verín

Ourense

341

 

Rodeiro

Pontevedra

400

Mezquita, A

Ourense

148

 

Lalín

Pontevedra

293

Barco de Valdeorras

Ourense

139

 

Chantada

Lugo

210

Gudiña, A

Ourense

111

 

Taboada

Lugo

150

Rúa, A

Ourense

107

 

Agolada

Pontevedra

132

Manzaneda

Ourense

100

 

Estrada, A

Pontevedra

94

Pobra de Trives, A

Ourense

95

 

Silleda

Pontevedra

76

Viana do Bolo

Ourense

94

 

Monforte

Lugo

86

Laza

Ourense

83

 

 TOTAL

CENTRO

1441

Vilardevós

Ourense

81

   

 

Oímbra

Ourense

63

   

 

Carballiño, O

Ourense

90

 

Ourense

Ourense

696

Cenlle

Ourense

71

 

Vigo

Pontevedra

670

 TOTAL

Ourense

1523

 

TOTAL

 

1366

http://ilg.usc.es/cag/Controlador?busca=DIEGUEZ

  

Antecedentes dos DIEGUEZ en Rabal e Mandin:

 

Nas relación de naturais de Mandin e Rabal correspondente ao Castasto da Ensenada (ano 1753) non consta Dieguez, salvo un rapaz menor, D. Ramón Dieguez, que vive co seu tío D. Pedro Castro (folha 766 do “indice de los individuos naturales y forasteros de la Feligresia de Santa Maria de Mandin, Jurisdición de Monterrey”) “viudo, Fidalgo, sesenta años, tiene en su compañía un sobrino llamado D. Ramón Dieguez, menor; un criado llamado Joseph Nuñez de veintidos, y tres criadas mayores.”

 

Si consta entre os propietarios forasteiros nos listados de Mandin e Rabal un só Dieguez: D. Franciscos Dieguez (folha 1.009 do “indice de los individuos naturales y forasteros de la Feligresia de Santa Maria de Mandin, Jurisdición de Monterrey”) indicandose que pertenze a Allaríz e relacionando as bastantes terras das que era propietario nestes lugares.

 

Buscando no vecinhos de Alhariz aparece un Dieguez con Foros e Ganado a medias en Mandin, Rabal, Veiga das Meas, etc.: “ D. Franciscos Dieguez, Abogado de la Real Audiencia de treinta años, casado con Dª Josefa Amoeiro, de veintitres, tienen dos hijas menores, dos criadas y un criado …”

 

Buscando nos libros Parroquias de Mandin e Rabal, non podemos enlazar directamente aos citados cos rexistrados no catastro da ensenada, porque entre outras cousas os libros de Rabal están incompletos, e así o primeiro dato que obteño é que D. Ramon Dieguez Perez casado con Margarita Perez, nace no 1796 e morre no 1877, sendo o seu pai D. Francisco Dieguez casado con Teresa Perez (+1851) que morreu no 1843, coa asistencia de oito curas. Non atopo apuntes do seu nacemento nin dos seu casamento, pero poderiamos aproximar o nacemento aló polo 1760 ou posteriores, sen embargo nos listados do Catastro non consta ningún Dieguez en Rabal, agás o xa citado D. Francisco Diéguez, como propietario forasteiro.

 

En Mandin no Catasto si consta o sobrinho de D. Pedro deCastro, D. Ramón Diéguez, menor, polo que debería ter no ano 1753 unhos 13 anos?, ou sexa nacería aproximadamente no 1740?. De ser así, é o que mais posibilidades ten de ser o pai de D. Francisco Diéguez casado con Teresa Pérez (+1851) que morreu no 1843, e o avó de D. Ramón Diéguez Pérez casado con Margarita Pérez, nace no 1796 e morre no 1877. Por outra parte a tradición de por aos filhos os nomes dos avós neste caso cumpliriase: Ramón, Francisco, Ramón, Francisco e Ramón, repítense seguidos.

 

Certo é que en Rabal aparece tamén unha tal Sebastiana Diéguez casada con José Fonseca, e que tiveron no 1728 a Juana Fonseca Diéguez, o que pode axudar a entender que os Dieguez xa tinhan que ver coa zona pero con escasa presenza.

 

Por outra parte en Mandin nace no ano 1720, D.Francisco Javier Diéguez fillo de outro D. Francisco Dieguez (¿1690?) e de Dª. Ana Fernandez, que morre nova no ano 1730, cando o cativo so tinha dez anos. Logo non consta ningún Dieguez mais, agás o citado no Catastro da Ensenada, o sobriño de D.Pedro deCastro. Polo tanto tivo que casar noutra fegresía, tal vez na que eran naturais os seus pais.

 

En resumen, mentres non se atopen novos documentos, poderíase concluír:

-que cos dados expostos, en Mandin e Rabal, non había homes Dieguez que viviran continuadamente e tiveran propiedades  antes de 1860.

 

-que os Diéguez de Rabal proceden dalgún Diéguez forasteiro que tinha propiedades e que podería ser o Abogado da Real Audiencia, ou un hirmao (segundón) que carente de oficio decidira viver das redas das propiedades herdadas da súa familia, que ben puidera ser o nacido no 1720, D. Francisco Javier Diéguez fillo de outro D.Francisco Diéguez (¿1690?) e de Dª. Ana Fernandez, ou o sobrinho de D. Pedro deCastro, D. Ramón Diéguez.

 

-que hai que ter en conta que as Clarisas de Alhariz tamén tinhas moitas propiedades nestas fegresias, e que tal vez tiveran monxas en Mandin, amortizadas en 1836.

 

-que a partir de 1860 o Diéguez cumpliu coa orde divina de “crecer y multiplicarvos” chegando a ter o noso tataravó, D.Francisco Diéguez (1828-1908) nada menos que once filhos de duas mulheres.

 

-que a voda de este D.Francisco Diéguez asistiu como padrinhos D. Vitorio García Barbon e a sua filla Dª Carlota García Barbon, pai e hirmá repesctivamente do famoso filantropo D. Jose Garcia Barbon. Que falleceu no ano 1906 asistido de once curas.

 

O resto, a piques de rematar, será presentado na seguinte entrada…

 

 N.: Sendo neófito pedo desculpas por as barbaridades que poda ter cometido neste documento, so pretendo inciar debate e interes polo tema.